Rede tradutora de contrainformação

Madrid: A Semana de loita polo dereito á vivenda ha comezado!

Liberado o espazo de converxencia

ANÍMATE A OKUPAR

A Semana de loita polo dereito á vivenda ha comezado!!.

Por que unha okupación nunha Semana de loita polo dereito á vivenda?

As persoas que participamos na organización desta semana, quixemos incluir a okupación coma outra das ferramentas clave de loita pola vivenda. A okupación nos permite proporcionarnos polos nosos propios medios un lugar digno onde vivir, ou un espazo onde desenrolar proxectos que partan dende a xente organizada ao marxe das institucións tradizoais.

Para que este espazo?

Por unha parte, para que teñamos un lugar onde xuntarnos e atoparnos nesta Semana de loita. E pola outra, por demostrarnos ás persoas que habitamos esta cidade que podemos organizarnos e xestionar espazos para todo o que necesitamos cas nosas propias mans. Deste xeito, creamos outras maneiras de entender a nosa cidade, as nosas relacións sociais e, en definitiva, as nosas vidas.

Ca apertura deste espazo, queremos compartir algunhas preocupacións que temos dende fai algún tempo:

Que pasou nesta sociedade para que existan persoas sen casa e millóns de vivendas baleiras en mans dunhas poucas?

Por que a sociedade permite que as leis e o mercado beneficien a esas poucas e castiguen a outras moitas?

En que momento a propiedade privada pasou por enriba dun dereito tan básico coma o de poder vivir dignamente?

Consideramos que a propiedade dun inmoble que se atopa abandonado á espera do momento oportuno para obter o máximo beneficio é un luxo. E é un luxo, nunha sociedad na que millóns de persoas déixanse a vida no traballo para poder pagar os desorbitados prezos dun mercado inflado pola especulación do ladrillo.

A okupación é hoxe en día unha experiencia real en moitos barrios da cidade. Somos centos de persoas as que temos decidido usar esta opción para intervir sobre os nosos problemas cotiáns.

Por todo isto, anímate a okupar. Nestes tempos de non-traballo, non-vivenda, non-futuro, só nos queda confiar nas redes que se foron texendo a través do apoio mutuo e a auto-organización das persoas que se pelexan a vida día a día.

Con dignidade, rebeldía e alegría!!

SÓ/SOA NON PODES, CON AMIGXS SÍ!
OKUPA TÍ TAMÉN!!

fonte
traduzido en galego por vozcomoarma