en galego
O vindeiro 12 de Setembro terá lugar en Zaragoza o xuízo contra xs compañeirxs coñecidxs coma “Xs 11 do tellado”, que foron 11 persoas que o día do desaloxo do CSO Kike Mur, encaramáronse ó tellado e resistiron alí ata que a policía subiu para baixalxs, mentras na rúa a violencia policial cebábase con veciñxs indefensxs que esixían que o espazo se quedara. O desaloxo consumouse, pero tres días despois, o barrio de Torrero daba unha resposta abraiante e unitaria, na que todo o mundo saíu á rúa para amosar o seu rexeitamento ó desaloxo do espazo, no antigo edificio do cárcere de Torrero, e que levaba o nome dun histórico preso alí falecido. Ó rematar a manifestación, xs compañeirxs, sentíndose fortes, volveron a okupar o espazo (a pesares das tapias colocadas polo concello) e a policía, desbordada pola mayoría de veciñxs solidarixs e resistentes, non tiveron outra opción que liscar, mentras o CSO Kike Mur retomaba o seu camiño. Podedes atopar más información disto neste blogue: vozcomoarma
Agora, aquelas 11 persoas do tellado enfróntanse a un xuízo con cargos por usurpación do inmoble correspondente ó cárcere de Torrero, no cal a parte denunciante é o concello de Zaragoza, que pide a cada un/ha 20.000 pavos de pena-multa.
No marco da campaña de solidaridade con esas 11 persoas, lánzanse as seguintes convocatorias:
Sábado 8 de Setembro:
Manifestación pola okupación. Sairá ás 19:00 da tarde da Glorieta Sasera.
Mércores 12 de Setembro:
Día do xuízo. Convócase unha concentración, nos xulgados de Praza do Pilar, ás 9:30 da mañá.
Para toda a peña que dende fora queira asistir, o CSO Kike Mur ofrece aloxamento. Sen embargo, o espazo é limitado polo que en caso de que busquedes asistir para apoiar, será mellor que antes vos poñades en contacto cxs compañeirxs, para confirmar a data na que chegarás e cantas persoas irán contigo, ou se vas ti só/soa.
O CSO está na Praza da Memoria, na cidade de Zaragoza.
Ademáis, se non podes ir, invítase a facer concentracións ou manifestacións nas nosas respectivas cidades, así como tamén a levar a cabo outras accións individuais que amosen a nosa solidaridade.
Máis información en castelán/español (blogue do CSO Kike Mur)
fonte