O xoves 22 de Marzo, na cidade de Helsinki, levouse a cabo unha manifestación contra os negocios destructivos da empresa Stora Enso, e en solidaridade cxs okupas en Polonia.
O punto de encontro para a mani era a praza Senata, ás 15:00, e apareceron aproximadamente 60 manifestantes. Despregáronse faixas, e mentras que a xente prepararábase para comezar a mani, repartíronse folletos que explicaban a situación actual da okupa Elba e os noxentos negocios de Stora Enso.
Ás 15:30 a manifestación comezou o seu camiño cara a sede da empresa Stora Enso. Nos comezos, a policía tívose que conformar só con dirixir o tráfico en lugar de tentar controlar o movemento da manifestación.
Cando a xente chegou ó seu destino, axentes de policía tentaron impedir que a manifestación puidese chegar mais lonxe, bloqueando o camiño cara a entrada principal. Xs manifestantes non pararon e sorprenderon á policía rompendo o cordón policial en torno á entrada da empresa.
A xente estivo berrando con raiba consignas contra Stora Enso e o persoal que abandonaba naqueles momentos o edificio (“Elba quédase!”, “que se foda Stora Enso” etc). A policía, pedindo reforzos, recibiu tamén a súa parte de berros polxs manifestantes, que berraron “Non xustiza!, non paz!, Fode á policía!”. Durante a marcha, mentras estivo na sede de Stora Enso, mais panfletos foron repartidos, púxose música usando unha equipa de son portátil e algunhas persoas tocaron tamén bubucelas.
A manifestación permaneceu na entrada principal da sede durante un anaco. Despois, a mani voltou polo mesmo camiño á inversa, rumbo á estación de metro de Kaisaniemi, onde a xente dispersouse axiña en diferentes direccións. A pesar da crecente presencia policial, non houbo ningún/a detidx e xs axentes non trataron de controlar mais a manifestación.
A pesar do feito de que a manifestación foi convocada só cunha breve nova, sorprendentemente moita xente acudiu e a atmósfera encheuse de raiba cara Stora Enso. Algúns/has sentían que a manifestación era poderosa e enérxica, ca esperanza de que este acto de solidaridade dará forzas xs okupas de Elba.
Elba quédase!!, Stora Enso – Fódete!.
Hasta que todos os espazos sexan libres.
Helsinky Solidaridade Diabólica
Segue o panfleto repartido na manifestación:
Abonda de desaloxos!!
Manifestación contra os destructivos negocios de Stora Enso, e en solidaridade cxs okupas de Polonia.
O 16 de Marzo, pola tarde, xs traballadorxs da axencia de seguridade privada Skrzecz entraron ilegalmente en Elba, un centro social alternativo en Varsovia. A axencia de seguridade privada estaba contratada pola propietaria do edificio, a empresa Stora Enso.
Unha vez dentro da casa, xs seguratas destruiron habitacións e golpearon á xente mentras que xs empurraban cara o exterior. Representantes da empresa, xs axentes da policía non amosaron documentos para probar a legalidade do desaloxo. A policía estivo apoiando activamente a redada ilegal e non fixo nada para deter as numerosas infraccións da lei cometidas polos seguratas. Ó final, a xente de Elba foi informada de que tiña unha semana de prazo para recoller as súas cousas e liscar do edificio.
Temos visto como a viciosa empresa Stora Enso está presente nas súas ilegalidades no mundo. En Brasil, a compañía ten actuado contra o movemento Sin-Terra conducindo á xente lonxe das súas zonas de residencia e reaccionando violentamente cando tentaban recuperar a terra. En China, terreos foron expropiados por Stora Enso para transformalos en prantacións de eucaliptos. Xs agricultorxs e granxeirxs que se opoñían á expropiación foron brutalmente golpeadxs, incluso ata a morte. A compañía, co intento de desaloxo de Elba, tentaba expandir a chan europeo a súa represión contra a acción anti-capitalista. Neste caso o desaloxo sen a decisión do tribunal é ilegal, e nunha situación similar en Breslavia, en 1998, o tribunal europeo dos dereitos humanos declarou que as accións da policía rompían os dereitos humanos máis básicos e as liberdades fundamentais.
A okupa Elba é un importante espazo alternativo no mapa cultural de Varsovia. Ten organizado eventos independentes e sen ánimo de lucro coma concertos, exhibicións, xogos, debates, proxeccións de vídeo e festivais, todo sen ningunha subvención do Estado. A represión contra os espazos liberados convertiuse nun fenómeno mundial últimamente, a pesares de que a necesidade de espazos autoxestionados é moi grande. Por exemplo, unha lei que prohibe a okupación foi aprobada a través dos Países Baixos e numerosos espazos libres foron desaloxados ou atópanse baixo risco de desaloxo en Alemaña.
O movemento okupa tamén tivo a súa ración de ameazas de desaloxo en moitos outros países. En Helsinki, o Centro Social Satama foi desaloxado o ano pasado, cando todavía non se tiña localizado ningún espazo para reemprazalo. Tamén en Londres, edificios okupados foron baleirados de cara ós xogos olímpicos deste verán.
Cremos que a loita contra o control do espazo urbano e a defensa dos espazos liberados é unha loita contra as fronteiras. É por iso polo que convocamos unha manifestación para apoiar e amosar a nosa solidaridade xs okupas de Elba e a calqueira compa que se atopa baixo ameaza de desaloxo.
Ata que todos os espazos sexan libres!!
Solidaridade mais alá das fronteiras!!
traduzido en galego por vozcomoarma
Sem comentários “Helsinki, Finlandia: Manifestación de solidaridade coa okupa Elba, en Varsovia”
Traducción ó galego de: Varsovia, Polonia: Operación represiva contra la okupa Elba
Varsovia, Polonia: Están atacando Elba!
A okupa Elba foi atacada o 16 de Marzo por unha compañía de seguridade privada, a cal recibiu axuda da policía. O intento de desaloxo foi unha sorpresa total para a xente que vivía en Elba, o centro social máis grande e de mais longa actividade de Varsovia.
O desaloxo foi unha sorpresa posto que a presenza de okupas na zona fora aceptada pola compañía Stora Enso (entidade propietaria) tra-las protestas de fai dous anos. Ademáis, ninguén foi notificadx da data establecida para dito desaloxo.
Pouco despois das 11 da mañá, gardas de seguridade contratados pola compañía de seguridade privada Skrzecz irrumpiron no edificio. Non amosaron unha orde de desaloxo e usaron a violencia cara xs okupas co obxectivo de obrigalxs a abandonar a propiedade. Xs okupas resistiron e unha persoa atrincherouse a sí mesma con barricadas na súa habitación, mentras que polo menos outras seis tomaron o tellado do edificio. Xs okupas emitiron unha chamada urxente á axuda e a solidaridade. As unidades policiais chegaron pronto e ignoraron o feito de que o desaloxo era ilegal, impedindo o paso á mani solidaria.
Despois dunhas horas, había alí arredor de 100 manifestantes tratando de frear o desaloxo, quenes se enfrontaron a preto de 30 policías antidisturbios que recibían axuda da compañía de seguridade privada. Xs manifestantes chocaron ca policía, que usou contra elxs gases lacrimóxenos sen ningunha precaución, aínda que de todos xeitos, non se produciron choques serios. A medida que o tempo ía pasando, mais unidades policiais chegaron á zona rodeando xs manifestantes solidarixs e xs okupas. Pouco despois das 18:00 da tarde, a policía recibiu ordes de dispersar xa a protesta e comezou a retirar da zona a calquer xornalista. Semellaba que aquilo podía ser o comezo dun brutal desaloxo. A pesar de todo, e para sorpresa dxs manifestantes, tanto a policía coma xs seguratas abandonaron a zona ás 20:00 e isto permitiu á xente entrar na okupa e recuperala.
Ó día seguinte, Elba emitiu un comunicado e condenou as accións da policía e da compañía de seguridade privada. Chamouse a atención sobre que a propietaria da zona dou xs okupas unha semana para marcharse. Elba chama ó apoio internacional ca fin de prevenir futuros ataques. A manifestación en defensa da okupa está convocada para o 23 de Marzo no centro da cidade (en Varsovia).
Tamén o colectivo Anonymous atacou a páxina web da compañía de seguridade privada e as súas contas de correo electrónico. A páxina web foi inutilizada coma unhha acción simbólica de solidaridade cxs okupas.