Rede tradutora de contrainformação

Helsinki, Finlandia: Manifestación de solidaridade coa okupa Elba, en Varsovia

O xoves 22 de Marzo, na cidade de Helsinki, levouse a cabo unha manifestación contra os negocios destructivos da empresa Stora Enso, e en solidaridade cxs okupas en Polonia.

O punto de encontro para a mani era a praza Senata, ás 15:00, e apareceron aproximadamente 60 manifestantes. Despregáronse faixas, e mentras que a xente prepararábase para comezar a mani, repartíronse folletos que explicaban a situación actual da okupa Elba e os noxentos negocios de Stora Enso.

Ás 15:30 a manifestación comezou o seu camiño cara a sede da empresa Stora Enso. Nos comezos, a policía tívose que conformar só con dirixir o tráfico en lugar de tentar controlar o movemento da manifestación.

Cando a xente chegou ó seu destino, axentes de policía tentaron impedir que a manifestación puidese chegar mais lonxe, bloqueando o camiño cara a entrada principal. Xs manifestantes non pararon e sorprenderon á policía rompendo o cordón policial en torno á entrada da empresa.

A xente estivo berrando con raiba consignas contra Stora Enso e o persoal que abandonaba naqueles momentos o edificio (“Elba quédase!”, “que se foda Stora Enso” etc). A policía, pedindo reforzos, recibiu tamén a súa parte de berros polxs manifestantes, que berraron “Non xustiza!, non paz!, Fode á policía!”. Durante a marcha, mentras estivo na sede de Stora Enso, mais panfletos foron repartidos, púxose música usando unha equipa de son portátil e algunhas persoas tocaron tamén bubucelas.

A manifestación permaneceu na entrada principal da sede durante un anaco. Despois, a mani voltou polo mesmo camiño á inversa, rumbo á estación de metro de Kaisaniemi,  onde a xente dispersouse axiña en diferentes direccións. A pesar da crecente presencia policial, non houbo ningún/a detidx e xs axentes non trataron de controlar mais a manifestación.

A pesar do feito de que a manifestación foi convocada só cunha breve nova, sorprendentemente moita xente acudiu e a atmósfera encheuse de raiba cara Stora Enso. Algúns/has sentían que a manifestación era poderosa e enérxica, ca esperanza de que este acto de solidaridade dará forzas xs okupas de Elba.

Elba quédase!!, Stora Enso – Fódete!.

Hasta que todos os espazos sexan libres.

Helsinky Solidaridade Diabólica

Segue o panfleto repartido na manifestación:

Abonda de desaloxos!!

Manifestación contra os destructivos negocios de Stora Enso, e en solidaridade cxs okupas de Polonia.

O 16 de Marzo, pola tarde, xs traballadorxs da axencia de seguridade privada Skrzecz entraron ilegalmente en Elba, un centro social alternativo en Varsovia. A axencia de seguridade privada estaba contratada pola propietaria do edificio, a empresa Stora Enso.

Unha vez dentro da casa, xs seguratas destruiron habitacións e golpearon á xente mentras que xs empurraban cara o exterior. Representantes da empresa, xs axentes da policía non amosaron documentos para probar a legalidade do desaloxo. A policía estivo apoiando activamente a redada ilegal e non fixo nada para deter as numerosas infraccións da lei cometidas polos seguratas. Ó final, a xente de Elba foi informada de que tiña unha semana de prazo para recoller as súas cousas e liscar do edificio.

Temos visto como a viciosa empresa Stora Enso está presente nas súas ilegalidades no mundo. En Brasil, a compañía ten actuado contra o movemento Sin-Terra conducindo á xente lonxe das súas zonas de residencia e reaccionando violentamente cando tentaban recuperar a terra. En China, terreos foron expropiados por Stora Enso para transformalos en prantacións de eucaliptos. Xs agricultorxs e granxeirxs que se opoñían á expropiación foron brutalmente golpeadxs, incluso ata a morte. A compañía, co intento de desaloxo de Elba, tentaba expandir a chan europeo a súa represión contra a acción anti-capitalista.  Neste caso o desaloxo sen a decisión do tribunal é ilegal, e nunha situación similar en Breslavia, en 1998, o tribunal europeo dos dereitos humanos declarou que as accións da policía rompían os dereitos humanos máis básicos e as liberdades fundamentais.

A okupa Elba é un importante espazo alternativo no mapa cultural de Varsovia. Ten organizado eventos independentes e sen ánimo de lucro coma concertos, exhibicións, xogos, debates, proxeccións de vídeo e festivais, todo sen ningunha subvención do Estado. A represión contra os espazos liberados convertiuse nun fenómeno mundial últimamente, a pesares de que a necesidade de espazos autoxestionados é moi grande. Por exemplo, unha lei que prohibe a okupación foi aprobada a través dos Países Baixos e numerosos espazos libres foron desaloxados ou atópanse baixo risco de desaloxo en Alemaña.

O movemento okupa tamén tivo a súa ración de ameazas de desaloxo en moitos outros países. En Helsinki, o Centro Social Satama foi desaloxado o ano pasado, cando todavía non se tiña localizado ningún espazo para reemprazalo. Tamén en Londres, edificios okupados foron baleirados de cara ós xogos olímpicos deste verán.

Cremos que a loita contra o control do espazo urbano e a defensa dos espazos liberados é unha loita contra as fronteiras. É por iso polo que convocamos unha manifestación para apoiar e amosar a nosa solidaridade xs okupas de Elba e a calqueira compa que se atopa baixo ameaza de desaloxo.

Ata que todos os espazos sexan libres!!
Solidaridade mais alá das fronteiras!!

fonte /máis fotos

traduzido en galego por vozcomoarma

Sem comentários “Helsinki, Finlandia: Manifestación de solidaridade coa okupa Elba, en Varsovia”